Saltar ao contido principal

LSE

Hoxe fixemos unha clase distinta e que fixo que os nenos estiveran moi atentos. Pareceme moi importante a língua de signos e considero que debería estar dentro do curriculo . Eu sei moi pouco pero o pouco que sei voullo ir ensinando na clase, como sabedes a canción para aprender os días da semana está signada, eles xa coñecen os signos e poderánvola cantar na casa cando queirades. 
Hoxe aproveitando o conto que estamos traballando estes días: corre, corre cabaciña aprendemos algúns signos, concretamente o de lobo, oso, león e cabaza, tamén aprenderemos signos relacionados coa temática de samaín, cando teña listo o video subireino o blog, espero poder facelo venres ou sábado.
Ademáis seguimos practicando o trazo vertical, que cada día sae mellor.
Aproveito tamén para decirvos que os mércores teñen relixión (para aqueles que asisten a esa optativa) e valores (os que non van a relixión), e os xoves ademáis de psicomotricidade (ximnasia) teñen a asignatura de inglés.
Os nenos que asisten a valores conmigo, vamos a facer un libro de cancións con pintura de dedos, neste momento estamos facendo: nadando sen para de mamá cabra.





VALORES:  6 cores e unha man, que poderemos estar facendo...? o título da canción xa da moitas pistas..😀





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.