Saltar ao contido principal

Pizarra..

 Seguimos a voltas co número 1 e hoxe fixemolo na pizarra, de forma libre pero sempre tendo un modelo de referencia, e a cousa non saiu tan mal... na casa podedes facelo na fariña, no arroz, no azúcar... e outro xeito de traballar, traballar xogando, unha maneira de aprender de forma lúdica e motivadora.
Tamén hoxe nos iniciamos na relación da grafía e cantidade, e decir, o número 1 so ten unha cousa ou solo me da unha cousa. Este é un concepto que lles costa moito pero que traballaremos ó longo do curso.
Tamén repasamos as formas xeométricas, as cores, o conteo....e temos case rematado o noso mural do outono coas follas feitas por eles.
Foi un día de moito traballo e algun case queda durmido no comedor e en xeral pla tarde despois de comer estaban todos moi cansos.
Aproveito tamén para comentarvos que hoxe do primeiro case non comeron nada e do segundo moi pouco.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.