Saltar ao contido principal

Recunchos

 Como xa vós dixen na reunión de principio de curso, despois de comer, os nenos chegan moi cansados por eso é o momento ideal para xogar tranquilamente nos recunchos.
Despois de usalos desinfectos e quedan en corentena uns días ata que pasan para outro grupo.
 Temos o recuncho de plastlinia, arte, construcións, ensartables e animais.
Tamén, a profesora de inglés, Marita, aproveitando o bo tempo dou parte da súa clase o aire libre.

LEMBRADE: Mañá venres é o último día para enviar as fotos da cesta do outono, fotos que subirei o luns 12 ó blog.
De momento so teño 3 participantes.
Outro tema importante: Este ano, como tamén xa vos comentei na reunión, as titorias serán telefónicas e so en casos moi graves presenciais. 
Na nosa aula xa temos varias vías de comunicación: blog (no que vos tamén podedes participar), abalar, tedes o meu correo, temos a libretiña  pero ainda así,  eu cada mes (tirando cara finais de mes) mandareivos por abalar un pequeno informe comentando ( a modo de titoría) como vai o voso fillo/ a, como vai traballando, valorando o seu comportamento na aula conmigo e co resto dos seus compañeiros, tema comedor, avances...etc.
 









Comentarios

  1. Ola, a foto de Daniela mandarémola mañan pola tarde. Grazas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xenial!! 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 moitas grazas!!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Marta! que disfrutes moito e que teñas un lote de bicos, apertas e agasallos!! E despois de tanta festa...a dormir! 😴😴 o pixama xa o tiñamos. Lembrade mañá vir disfrazados de avós e avoas e por favor que traian un pano no bolsillo, senón vos acordades ou non tedes, non pasa nada, dareille eu un de papel. Eu levarei un de tela. Ata mañán!!

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...

Somos detectives!!!

Quen non xogou algunha vez a ser detectives?, pois nós na clase facémolo pero coas letras!! onde está a M?, cal é a S?....