Saltar ao contido principal

Los lunes al sol....☀️

 nada máis chegar o patio, colleron as tizas, pintaron un pouco e despois viron esa raíña de sol tan bonita e non o dubidaron nin un momento e claro, non puiden resistirme a sacarlle unha foto😅
Tamén hoxe estivemos a voltas cos adordos da árbore de nadal da nosa clase, cando estea rematada xa subirei a foto.
Para estes días deixei un diario de aula con tódalas rutinas de aula e tamén deixei traballiño para que vaian facendo estes días, traballiños moi sinxelos e que xa fixemos máis dunha vez na clase, cousas que elas e eles saben perfectamente facer.
Calquera dúbida ou cousiña que queirades que transmita os profes, se non ven algún á escola, ou se non come no comedor, a parte dos de sempre, mandádesme un correo e eu xa me encargo de transmitilo ó cole.
Ánimo meus miudiños, confi moito en vós e sei que ides a ser o exemplo a seguir por todo infantil.
Moitos bicos e vémonos o venres😘😘😘❤️









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.