Saltar ao contido principal

Novas responsabilidades...

 chegan para o encargado. Agor, ademáis de pasar lista para saber cantos nenos e nenas hai na casa e cantos están na escola, saber o día da semana no que nos atopamos ou o tempo que vai, agora o encargado terá que escribir o seu nome, saber e escribir a inicial do seu nome, disciminar a letra pola que empeza o seu nome entre todas as letras do abecedario para entre todos ir decindo palabras que empecen por esa mesma mesma letra e por último montar o seu nome.
Hoxe tocoulle a Martina ser a encargada de abrir esta nova tarefa.
Tamén hoxe, por primeira vez usamos as tesoiras, e a cousa non foi tan mal, aínda que hi algún e algunha que ten qe practicar un pouco maís.
Como vedes, foi un luns cheo de novidades!!

NOTA: hoxe apareceu na clase unha braguiña, ningunha a nena a recoñeciu,seguramente veu no bolsillo de algún mandilón, deixo aqui a foto para que me digades de quen é e mañá xa lla meto na mochila.














Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.