Saltar ao contido principal

As vocais..

 en plastelina! Empezamos a semana repasando a grafía do número 1 e as formas xeométricas. Estaremos uns días repasando o número 1 para poder empezar co número 2.
Debido a situación tan complicada que estamos a vivir neste momento co covid toda esta semana subirei ademáis o blog as fichas que traballamos no día, así podedes imprimilas e facelas na casa e traelas cando volvades a reincoporarvos aqueles que falten, entendo que algúns falten por precaución porque as cousas estanse poñendo un pouco feas e os repuntes son moitos.
Vós poñede a data na ficha e os nenos/as que escriban o seu nome nun recadro ou mesmo por detrás da ficha.
Seía importante recordar nas casas a importancia de lavar ben as mans, poñer a mascarilla para que nos tape ben a boca e o nariz... reforzemos estas practicas tanto na escola como na familia para evitar posibles contaxios ou polo menos minimizalos o máximo.

Coidádevos moito meus miudiños e familias, non deixevos que o coronavirus entre nas nosas casas nin na nosa clase, como sabedes meus pequenos, eu confio en vós, sodes os grandes miudiños do cole!!













Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.