Traballar a psicomotricidade fina e básico e fundamental en educación infantil pero sobre todo en 3 anos.
Estes días estamos traballando este aspecto a través de trazos que eles teñen que reproducir, encantáronlle estas nubes!!
Na primeira ficha colorear o tempo que adoita facer no inverno. N a segunda repasar co lapiz e despois co rotulador, na terceira repasar co lápiz, despois co rotulador e colorear 2 flores e na última facer un debuxo deles .
nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños. PARABÉNS!!!
Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.
Comentarios
Publicar un comentario