Saltar ao contido principal

Menú febreiro.

Comezamos semana e comezamos mes e comezamos con moitas cousas que contar.
Decirvos que dende hoxe ata o 16 de abril estará con nós na clase unha rapaza que está facendo as prácticas de maxisterio, correspondentes ó último ano de carreira, chámase Veronica, e de Trazo e ademáis ex alumna do centro, será un pracer tela con nós todo este tempo.
Como xa vos dixera no nadal algo tería que argallar para poder seguir homenaxeando os avós e aquí tedes o resultado, ademáis das fotos que vos pedín para facer un video con elas, tamén viremos disfrazados de avós e de avoas tal e como vedes na nta que levastes hoxe para a casa e que deixo aquí para aqueles que non viñeron hoxe.
Estou desexando velos a todos disfrazados!!
Hoxe tamén repasamos e formamos a recta númerica coas nosas galiñas, que como vedes son das poñedoras, e como xa subín algunha vez este xogo no blog, sabedes que nos axuda a discriminar números, asociar grafía a cantidade, ademáis de traballar a psicomotricidade fina, colores e tamaños dos ovos.
Estou encantada de que cada día se vaia enchendo un pouquiño máis a clase.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.