Saltar ao contido principal

Día do libro📚

 hoxe, 23 de abril, celebramos o día do libro. Foi unha celebración un pouco especial xa tivemos que adaptar a actividade ós tempos de pandemia no que nos atopamos pero iso non impediu que fose moi bonito.
A actividade consistía en que os maiores apadriñaban unha clase e contábanlles un contiño ós pequenos do cole, todo esto grabado en vídeo para despois poñerllo na clase os nenos. Os  nosos padriños foron os nenos e nenas de segundo de primaria, que nos contaron un conto moi bonito titulado Leotolda, do que teredes noticias del a próxima semana xa que Pablo, o profe de segundo e eu, embarcámonos nunha pequena aventura con este conto e preparamos un pequeno proxecto sobre este libro que conta cunha serie de actividades para que os miudiños disfruten e coñezan un pouco máis a LEOTOLDA. 
Pero  os miudiños  non podiamos deixar pasar este día  sen  agradecerlle os nenos e nenas de segundo e ó seu profesor todo o cariño e traballo que fixeron como padriños e queremos darlle as gracias e así ,deste xeito, celebrar o día do libro en familia, con vós, parte fundamental desta aventura que empezou en setembro e da familia de padriños que temos no cole.
Moitisimas grazas padriños lectores!!! e feliz día do libro a todos!!📚❤️



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.