Saltar ao contido principal

LEOTOLDA!!

Como xa vos dixen a semana pasada Leotolda iba a dar moito xogo e velaquí o tedes. Hoxe levan a súa bolsiña, en cada unha delas vai un xogo de cartas de memoria, uns títeres para que poidan eles xogar e representar o conto como queiran, unhas fichas e unha lámina de números ata o 29, esa lámina é para quedar na casa (bueno, todo é para quedar na casa), pero con esa lámina poden repasar os números tódolos días, saber cantas cifras ten cada número, saber porque  número empezan aqueles que teñen 2 cifras...tede ben a vista esa lámina meus miudiños!!
 E hoxe, quero agradecerlle, volver a agradecerlle a Pablo, o profesor de segundo que se involucrou neste proxecto sen dubidalo e elaborou todo o material e  os meus fillos que fixeron os debuxos de Leotolda das cartas e decoraron eles as bolsas, como vedes eu aquí solo fun a cabeza pensante e lianta que decidiu facer un pequeno proxecto dun conto, unha actividade e uns padriños lectores de 10.
Fixemos un moi bo equipo, moitisimas grazas Pablo, Gorka e Xurxo por facer realidade o proxecto de Leotolda!!
 Supoño que en breve subirán o vídeo do conto que nos leron os de segundo a páxina do centro para que vós tamén poidades disfrutar desa maravillosa lectura.

Agora solo vos toca a vós disfrutar e xogar moito con esas cartas, que ademáis favorecen a memoria e atención.



Comentarios

  1. Monica: mama Antia
    Grandioso trabajo chicos.....
    Muchísimas gracias, Sonia, Pablo, Gorka y Xurxo......

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitisimas gracias Mónica!! dareillas mañan da túa parte o meu equipo, agora teño a 2 deles na camiña durmindo😴😴 e ó outro voullas a mandar agora mesmiño.
      Moitisimas gracias!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.