Saltar ao contido principal

Percheiros!

 Seguimos avanzando coas rutinas, e unha delas, polo menos no inverno e non tan inverno, será colocar as nosas cazadoras no percheiro, que ten o seu nome e a súa foto para que poida ser indentificada correctamente.

Xa sodes algúns os que tedes xa comprada a libreta /axenda, recordarvos que sempre ten que vir na carpeta e na mochila e recordar tamén que cando me enviedes unha nota e cando eu faga o mesmo veña a libreta aberta onde está escrita a nota, para así cando revisoas mochilas ver nunha pasada se hai notas ou non.
Lembrade tamén que antes do 21 (inclusive) debedes entregar( aqueles que non o fixestes) os papeis cubertos que vos dei o día da reunión.
Moitas gracias e a disfrutar o día de mañán!!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida!! Moitisimos parabéns Marta! que disfrutes moito e que teñas un lote de bicos, apertas e agasallos!! E despois de tanta festa...a dormir! 😴😴 o pixama xa o tiñamos. Lembrade mañá vir disfrazados de avós e avoas e por favor que traian un pano no bolsillo, senón vos acordades ou non tedes, non pasa nada, dareille eu un de papel. Eu levarei un de tela. Ata mañán!!

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...

Somos detectives!!!

Quen non xogou algunha vez a ser detectives?, pois nós na clase facémolo pero coas letras!! onde está a M?, cal é a S?....