Saltar ao contido principal

Taller de memoria e atención

 Hoxe foi un día distinto, pero productivo.
Na 1º hora exhibición de judo na casa amarela, levades a información na mochila, despois do recreo: sumas. De momento estamos facéndoas axudandonos cos cubiños, pero máis adiante xa deberán deixalos, pero tranquilos, non será nestre trimestre, primeiro que teñan práctica e o concepto ben aprendido e a última hora fixemos un taller de memoría e atención. Este taller fareino os xoves, algunas veces será todos xuntos en xogo,como foi o caso de hoxe,  outras en ficha... pero é moi importante que desenvolvan a memoria, que sepan centrarse, pararse nas cousas e non querer apurar en todo.
Boa fin de semana!!







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.