Saltar ao contido principal

Graduación!

 Estimadas familias, pásovos a escaleta de como vai ser a nosa graduación, para que esteades informadas de todo en todo momento.
O vídeo quería subilo ó blog pero non me deixa porque é moi longo e tampouco volo podo pasar por whatsApp polo mesmo  ( as tics non está preparadas para a nosa clase 😂😂😅 subirao Ramón a páxina web do centro ó igual que o acto de graduación, de tódolos xeitos, que unha familia ( decidide vós quen) me traia un usb o luns para que volo poida meter ahí e despois xa volo ides pasando, para que poidades telo de recordo se queredes e xa o devolvería o martes. Que teña capacidade de abondo porque o vídeo dura 38 min. o vídeo enteiro verémolo nós na clase solos e no acto a versión corta porque como tamén teñen a graduación os de 6º de primaria facíase moi longo todo.
O luns os nenos poden vir vestidos como queiran, da cor que queiran e coa camiseta que eles queiran.
Moitas gracias pola colaboración e por estes 2 anos.
Como vos dixen onte téñolles unha sorpresiña preparada para o luns pero non lle digades nada, é un segredo!


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.