Saltar ao contido principal

3 en raia

Boas tardes!! como vai a fin de semana? onte non me puxen en contacto con vós porque tiven que levar a un dos meus fillos ó hospital, pero como hoxe xa está a cousa moito mellor e máis tranquila deixovos aquí un xogo que seguro que vos gusta moitísimo e que poderedes incluir nesa carpeta de xogos  de mesa.
Este saqueino dunha páxina doutras compañeiras que me encanta!
O 3 en raia. Tedes que escoller 3 fichas iguais e intentar poñer as vosas fichas na mesma liña, en vertical, horizontal, diagonal...pero coidado!! o voso contrincante vai querer facer o mesmo!
Nós xa levamos unhas cantas partidas!
Que pasedes un bo domingo!!
A xogar!!



Comentarios

  1. Grazas por este novo xogo. Esperamos que o teu fillo se atope mellor. 😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si! vai mellor, mañá temos cita de novo pero esta vez xa coa pediatra para facerlle un seguimento. Moitas grazas por preguntar!
      Que tal foron esas partidas?😘😘😘

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

23 de abril...

 día do libro. O próximo domingo é o día do libro pero no cole xa o celebramos hoxe.  Nas 2 primeiras horas os nenos pasaron polas aulas das mestras de infantil, que lle fomos lendo un contiño as outras clases. Na clase da profe Lorena ademáis de ler o libro, os nenos fixeon un maracpáxinas, na clase da profe Inés, ademáis do conto os nenos trouxeron unha pulsera. Eu para os nenos de 3 anos fíxenlle un pequeno conto dos 3 porquiños, (que fixeramos nós tamén en 3 anos) e para os de 4 outro pequeno conto: a eiruga comellona. Nós, os miudiños,  celebramos o noso último día do libro na etapa de infantil e para eso fixemos o noso propio libro lembrando os nosos primeiros padriños, os nenos que agora están en 4º e que naquel momento estaban en 2º, os nenos do profe Pablo e para acabar a celebración este pequeno video. Espero que sigades disfruntando das lecturas toda a fin de semana! Levan tamén uha folla para quede forma voluntaria, fagan o debuxo ou a portada do libro que máis lles guste,

Esto é para vós...

 Eles tamén teñen algo que decir...

Forno solar.

 Hoxe os de secundaria prepararon chocolate e 2 biscoitos cun firno solar elaborado por eles.  E nós… fomos a proba!!  Hoxe, como xa vistes, levaron as mudas que tiñan na clase, mañán levarán os traballiños deste trimestre.