Saltar ao contido principal

3 en raia

Boas tardes!! como vai a fin de semana? onte non me puxen en contacto con vós porque tiven que levar a un dos meus fillos ó hospital, pero como hoxe xa está a cousa moito mellor e máis tranquila deixovos aquí un xogo que seguro que vos gusta moitísimo e que poderedes incluir nesa carpeta de xogos  de mesa.
Este saqueino dunha páxina doutras compañeiras que me encanta!
O 3 en raia. Tedes que escoller 3 fichas iguais e intentar poñer as vosas fichas na mesma liña, en vertical, horizontal, diagonal...pero coidado!! o voso contrincante vai querer facer o mesmo!
Nós xa levamos unhas cantas partidas!
Que pasedes un bo domingo!!
A xogar!!



Comentarios

  1. Grazas por este novo xogo. Esperamos que o teu fillo se atope mellor. 😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si! vai mellor, mañá temos cita de novo pero esta vez xa coa pediatra para facerlle un seguimento. Moitas grazas por preguntar!
      Que tal foron esas partidas?😘😘😘

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Parabéns para ti...

 nesta data querida, moitas felicicdades, moitos anos de vida!!! Moitiimos parabéns Dani!! disfruta moito da túa tarde, espero que tiveras unha tarta super rica e que recibiras moitos agasallos, moitos abrazos e moitos bicos!! Toda a clase desexache feliz cumpreanos, este ano o covid non nos deixa celebralo coma sempre con tarta de verdade e esas cousiñas de cumples pero non podia deixar que non houbera unha tarta para estes miudiños.  PARABÉNS!!!

Buscando o noso nome...

Seguimos traballando o noso nome, desta volta buscamos as pinzas para completar o noso nome, deste xeito ademáis de traballar o nome, as vocais, as letras polas que empeza o nosos nome, traballamos tamén a psicomotricidacdes fina, algo que como dixen desde un principio axudarános a ter nun futuro unha mellor escritura.

Empápate cos miudiños!!

  Moitas grazas pola vosa colaboración. Ahí levades as vosas propias suxerencias literarias. Que disfrutedes moitos deses groliños de lectura e mañán pasádevos pòr aquí para disfrutar do voso vídeo.